Showing: 1 - 6 of 6 Articles

Póster das festas da Guadalupe 2023

Velaquí o póster anunciador da Guadalupe 2023, que conmemora a chegada da virxe de Guadalupe, “a Moreniña”, a Rianxiño hai 250 anos.

É obra do ilustrador rianxeiro Luismi Ramos, unha composición chea de cor e forza.

Feirón Mariñeiro

A Feira de 1923

Rianxo retrocede á vila mariñeira de hai un século nunha xornada participativa na que a artesanía, os oficios antigos a gastronomía e a música son as protagonistas.

Rianxo retrocede un século cada xoves das festas da Guadalupe. A vila engalánase de época, como a vila mariñeira que recordan as nosas avoas e avós, como reflectían as primeiras fotos tomadas na época.
O Feirón Mariñeiro é unha feira de artesanía, con mostra de produtos e oficios que queremos manter sen caeren no esquecemento. Mais tamén hai música, gastronomía, arte. O Feirón é un acontecemento no que toda a veciñanza participa, acadando unha xornada de festa e convivencia inesquecible.

Participación

Plano do feirón 2023

  • o plano pode sufrir variacións de última hora

Queres participar?

  1. LE AS NORMAS. É moi importante!
  2. Se estás de acordo coas normas de participación, cubre a FOLLA DE INSCRICIÓN do 1 ao 11 de agosto:
  3. Agarda a confirmación da participación, a partir do 11 de agosto
  4. Se fostes seleccionado/a, podes proceder ao ABONO DA RESERVA
  5. O día da feira, trae a DOCUMENTACIÓN necesaria e a DECLARACIÓN RESPONSABLE cuberta e asinada

Noites vivas: Música na noite

As “Noites vivas: música na noite” achegarán diferentes propostas musicais para todas as idades e gustos dentro do programa “A Moreniña, arte cultura e tradición 2023”, patrocinado por Cultura da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Rianxo