A música enche a programación do Rianxo ao vivo, o programa de músicas en directo de todos os xéneros e para todos os gustos.
Polas mañás, ademais das bandas da Mostra de bandas, arrincaremos coa música do país da man de @trecolatradi_oficial @bandagaitasbuxaina @osondoriogrupo @osfestas e @ce.orquestrapantasma
As tardes estarán animadas polos tardeos de @zeltia_irevire e @malezza.music, as charangas @charanga_brass_ass @furruxa e o @bandodasgaitas que nos visitan desde Portugal. Tamén hai espazo para a música tradicional con @fogofatuorianxo e @vaiderodarianxo , e o Cántañe a Rianxo con @riodeanxo . A música urbana estará representada no @ceibarimas con @kidmount_ e outros artistas do freestyle en galego.
As noites veñen tamén cargadiñas de música, empezando pola Noite Retro con @virtual.project._band e os vídeos musicais de @serieb.music , a Noite Folc con @mediarea_musica e @charanga_boavila e a Verbena infantil con @pakolas_pacocerdeira e as Tripulantes, que rematarán coa Rianxeira infantil.
E a noite do sábado será moi especial. A Verbena Sinfónica da @escolademusicaderianxo , patrocinada polo @concelloderianxo , virá acompañada dos mexicanos @mariachi_perla_hc e do @mr.vieito_capitan.sabrosura , nunha noite que pechará @djnexxa coas súas mesturas.
De todo, para todos. E ti, que proposta escolles?
Rianxo ao vivo é parte da programación cultural A Moreni,a arte cultura e tradición 2026, subvenvionado por @culturadadeputaciondacoruna e en colaboración co @concelloderianxo e @ceibarimas @riodeanxo @vaiderodarianxo e @fogofatuorianxo