Festas da Guadalupe

Festas da Guadalupe de Rianxo do 13 ao 20 de setembro de 2024

Rianxo ao vivo! Programa de música en directo

A música en directo é protagonista da programación cultural do programa “A Moreniña, arte cultura e tradición”, patrocinado pola Deputación da Coruña e en colaboración co Concello de Rianxo.

Música para todos os gustos e públicos para animar as xornadas do 13 ao 20 de setembro.

O venres, na festa dos 80, o grupo de versións Virtual Project Cover band; o sábado, a terceira edición da Verbena Sinfónica da Escola de Música de Rianxo, organizada e patrocinada polo Concello de Rianxo; a Noite Folc do venres contará con Os Campantes da Baña, as Rianxeiras da Covecha e Galega de Bailables; a Verbena Infantil estará amenizada de novo por Pakolas, e ao longo das xornadas irán desfilando charangas e grupos de música tradicional: Louband, Fanfarria Furruxa, Charanga Santa Compaña, Fogo Fatuo, Banda de Gaitas Buxaina, Vai de Roda, Trécola, Os festas, Nunca é Tarde, Ce Orquestra Pantasma e volve o Cántañe a Rianxo da man de Río de Anxo, patrocinado por Conforgal , sen esquecer o concerto de rap posterior ao CeibaRimas

Que a música non pare!

Seguinte Publicar

Anterior Publicar

© 2024 Festas da Guadalupe

Tema de Anders Norén