Non poden faltar na nosa programación cultural as bandas de música populares.
Nesta mostra de 2026 contaremos coas agrupacións de Santa Cruz de Ribadulla, da Escola de Música de Rianxo, da músico-cultural de Ribadumia, da cultural de Arcade, da municipal de Padrón e da banda de Arca.
Esta actividade é parte do programa A Moreniña, arte cultura e tradición 2026, subvencionado pola Deputación da Coruña, polo programa Alicerce da Rede Cultural da Deputación da Coruña e polo Concello de Rianxo, e coa colaboración da Escola de Música de Rianxo.