Festas da Guadalupe

Festas da Guadalupe de Rianxo 2025

Feirón Mariñeiro

A Feira de 1925

Rianxo retrocede á vila mariñeira de hai un século nunha xornada participativa na que a artesanía, os oficios antigos, a gastronomía e a música son as protagonistas.

Rianxo retrocede un século cada xoves das festas da Guadalupe. A vila engalánase de época, como a vila mariñeira que recordan as nosas avoas e avós, como reflectían as primeiras fotos tomadas na época.

O Feirón Mariñeiro é unha feira de artesanía, con mostra de produtos e oficios que queremos manter sen caeren no esquecemento. Mais tamén hai música, gastronomía, arte. O Feirón é un acontecemento no que participa toda a veciñanza, acadando unha xornada de festa e convivencia inesquecible.

Mapa definitivo da edición de 2025

Participación

Queres participar?

  1. LE AS BASES DE PARTICIPACIÓN. É moi importante!
  2. Se estás de acordo coas normas de participación, cubre a FOLLA DE INSCRICIÓN do 1 ao 10 de agosto:
  3. Agarda a confirmación da participación, a partir do 15 de agosto
  4. Se fostes seleccionado/a, podes proceder ao ABONO DA RESERVA
  5. O día da feira, trae a DOCUMENTACIÓN necesaria

· Bases de participación no Feirón Mariñeiro de Rianxo 2025

Seguinte Publicar

Anterior Publicar

Deixa unha resposta

© 2026 Festas da Guadalupe

Tema de Anders Norén