Presentamos o Póster anunciador das Festas da Guadalupe 2022.
Este deseño de DOCTOY conmemora os 75 anos da composición, no Bos Aires de 1947, de Ondiñas da nosa ría, canción que coñecemos popularmenre como A Rianxeira,
Anxo Romero Lojo (música), e Xesús Frieiro Dourado "Pinciñas" (letra) compuxeron esta peza para recibir a Castelao en Bos Aires. Máis tarde fixeron unha gravación co Coro Castelao e así é como chegou ata Rianxo, onde se popularizou grazas a versións orquestradas para verbenas e radios.
(Consultar proximamente a programación completa)
Velaquí o programa completo das Festas da Guafalupe 2022. Podes tamén descargar o programa completo aquí.