Velaquí o póster anunciador da Guadalupe 2023, que conmemora a chegada da virxe de Guadalupe, “a Moreniña”, a Rianxiño hai 250 anos.
É obra do ilustrador rianxeiro Luismi Ramos, unha composición chea de cor e forza.

Velaquí o póster anunciador da Guadalupe 2023, que conmemora a chegada da virxe de Guadalupe, “a Moreniña”, a Rianxiño hai 250 anos.
É obra do ilustrador rianxeiro Luismi Ramos, unha composición chea de cor e forza.
Rianxo retrocede á vila mariñeira de hai un século nunha xornada participativa na que a artesanía, os oficios antigos a gastronomía e a música son as protagonistas.
Rianxo retrocede un século cada xoves das festas da Guadalupe. A vila engalánase de época, como a vila mariñeira que recordan as nosas avoas e avós, como reflectían as primeiras fotos tomadas na época.
O Feirón Mariñeiro é unha feira de artesanía, con mostra de produtos e oficios que queremos manter sen caeren no esquecemento. Mais tamén hai música, gastronomía, arte. O Feirón é un acontecemento no que toda a veciñanza participa, acadando unha xornada de festa e convivencia inesquecible.
Un ano máis, a nosa programación cultural “A Moreniña, arte cultura e tradición” traerá a música das bandas populares na Mostra de bandas de música. As bandas de Beade, Negreira, Arca, Rianxo e a Cultural de Arcade ofrecerán concertos do 10 ao 14 de setembro.
Programa patrocinado por Cultura da Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Rianxo
Un ano máis, o programa “Artella! Rúas con arte” encherá as rúas de Rianxo con actividades e obradoiros para toda a familia. Dentro do programa “A Moreniña, arte cultura e tradición 2023” patrocinado pola Cultura da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Rianxo
As “Noites vivas: música na noite” achegarán diferentes propostas musicais para todas as idades e gustos dentro do programa “A Moreniña, arte cultura e tradición 2023”, patrocinado por Cultura da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Rianxo
A Virxe de Guadalupe de Rianxo, a Moreniña, chegada a Rianxo en 1773, é a protagonista das celebracións. A procesión pola ría é o acto principal cuxas orixes remóntanse a 1862.
Quizáis a canción galega máis coñecida e estendida polo mundo, o segundo himno galego, orixinado na emigración, é protagonista da emblemática noite das bengalas, como celme a unha semana de celebracións.