Festas da Guadalupe

Festas da Guadalupe de Rianxo 2025

Artella! Arte nas rúas

Para toda a familia! Artella, arte nas rúas, é o programa cultural para todas as idades, pero en especial para a rapazada.

Xogos competitivos; xornada de Cultura Urbana con obradoiros de Parkour e Calistenia en dous parques que estarán montados toda a xornada; mural colaborativo; CeibaRimas con destacados freestylers do panorama galego…

Día do circo, con dous espectáculos a cargo de Troula: AsacoCirco a mediodía e Rei Midas á noitiña; recuperación de oficios tradicionais no Feirón Mariñeiro; e para rematar a Verbena Infantil con moito rock, desta volta con Uxía Lambona e a Banda Molona, rematando coa Rianxeira Infantil.

Este programa é parte do proxecto “A Moreniña, arte, cultura e tradición 2025”, subvencionado pola Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Rianxo.

Seguinte Publicar

Anterior Publicar

© 2026 Festas da Guadalupe

Tema de Anders Norén