Póster das Festas da Guadalupe 2022

Presentamos o Póster anunciador das Festas da Guadalupe 2022.

Este deseño de DOCTOY conmemora os 75 anos da composición, no Bos Aires de 1947, de Ondiñas da nosa ría, canción que coñecemos popularmenre como A Rianxeira,

Anxo Romero Lojo (música), e Xesús Frieiro Dourado "Pinciñas" (letra) compuxeron esta peza para recibir a Castelao en Bos Aires. Máis tarde fixeron unha gravación co Coro Castelao e así é como chegou ata Rianxo, onde se popularizou grazas a versións orquestradas para verbenas e radios.

Poster_2022_web_med.jpg

Ondias_da_nosa_ra_-_Chap.jpg

Asociación Sociocultural e para o desenvolvemento de Rianxo "A Moreniña"
Comisión de Festas da Guadalupe 2018
Licenza Creative Commons 4.0 BY-NC
asociacion@amorenina.gal
festa@festasdaguadalupe.gal

Patrocinios

Concello de Rianxo
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos