A Guadalupe en Rianxo é máis ca unha festa. É unha forma de vivir, de entender a vila, de relacionármonos a veciñanza e as familias. A Guadalupe marca o ritmo vital de Rianxo, o inicio e o final do calendario. Hai que vivila.
A Virxe de Guadalupe de Rianxo, a Moreniña, chegada a Rianxo en 1773, é a protagonista das celebracións. A procesión pola ría é o acto principal cuxas orixes remóntanse a 1862.
Quizáis a canción galega máis coñecida e estendida polo mundo, o segundo himno galego, orixinado na emigración, é protagonista da emblemática noite das bengalas, como celme a unha semana de celebracións.
Rianxo retrocede á vila mariñeira de hai un século nunha xornada participativa na que a artesanía, os oficios antigos a gastronomía e a música son as protagonistas.